Rafa Domínguez participou na entrega de premios da competición de ciclocross Cidade de Pontevedra

07/10/2023

O vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, participou na entrega de premios da competición de ciclocross Cidade de Pontevedra, que se desenvolveu ao longo da mañá na Illa das Esculturas de Pontevedra e que é puntuable para a Copa de España desta especialidade. Neste evento, de categoría internacional C1, participaron máis de 600 deportistas, cunha destacada presenza internacional. O circuíto deseñado na Illa das Esculturas contaba con 3,4 quilómetros de lonxitude, ie incluía taboleiros, un caracol, longas rectas e tamén zonas técnicas.