O vicepresidente, Rafa Domínguez, participa na presentación da décima edición do Pont-Up Store

20/09/2023

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou no Concello de Pontevedra na presentación da décima edición do Espazo de Emprendemento Pont-up Store 2023, promovido polo Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo, que se celebrará os días 29 e 30 de España na Praza de España de Pontevedra.

Na súa intervención, Domínguez eloxiou que esta cita chega á súa décima edición “convertida nun evento fundamental para o emprendemento en toda Galicia que demostra, ademais, que esta provincia ten moito potencial e que hai moita xente nova disposta a arriscarse, a emprender”. Ademais, o vicepresidente e deputado delegado de Economía e Impulso ao Emprego recalcou que o goberno provincial é “moi consciente da necesidade de favorecer a cultura do emprendemento. Queremos impulsala, promovela e espallala por todos os recunchos da nosa provincia, pois fai que sexamos unha mellor sociedade, con máis oportunidades e máis creativa”.

Galerias de imaxes