Rafa Domínguez participou na presentación da nova temporada do equipo de balonmán Teucro

O vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, participou esta tarde na presentación da nova temporada do equipo de balonmán Teucro, nun acto que se desenvolveu no edificio da Xunta na rúa Benito Corbal de Pontevedra.

04/10/2023

Na súa intervención, Domínguez louvou o grande arranque que está a ter o equipo nestes primeiros partidos e amosou o seu convencemento de que, co esforzo dos xogadores, da adestradora Irene Vilaboa e da directiva que preside Carlos Alberto García-Alén, así como da afección, que empurra o equipo desde as gradas, seguirán acumulando victorias.

O vicepresidente tamén amosou o apoio da Deputación ao club e o firme compromiso da institución provincial co deporte, un dos grandes obxectivos do Goberno provincial. Ademais, enxalzou o excepcional traballo do Teucro coa base e puxo en valor a canteira azul, que continúa a dar froitos temporada tras temporada.

Galerias de imaxes