Rafa Domínguez recibiu unha vintena de profesionais dos sectores público e privado do Estado de São Paulo

17/11/2023

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, recibiu hoxe no Pazo provincial unha vintena de profesionais dos sectores público e privado do Estado de São Paulo, no Brasil, que están a recibir unha formación en Pontevedra da man dos investigadores do Observatorio de Gobernanza da Universidade de Vigo no marco da colaboración que mantén, desde hai unha década, coa Universidade de São Paulo.