Recepción á alumna de prácticas do Ciclo Superior de Promoción da Igualdade

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, recibiu no Pazo provincial a Nerea Natera Ramírez, alumna do CIFP A Xunqueira que está na actualidade realizando prácticas no Servizo de Igualdade da institución provincial como parte da súa formación no marco do Ciclo Superior de Promoción da Igualdade de Xénero.

24/04/2023

A presidenta provincial puxo o foco na “necesidade de que veña xente nova ás administracións para que nos cheguen as súas ideas innovadoras” e, así, “que tomemos consciencia de cousas que ás mulleres das anteriores xeracións xa non nos pasan e daquelas cuestións novas que están vinculadas a outros espazos novos, como son as redes sociais”. Nerea Natera presentoulle á presidenta o seu proxecto fin de curso, vencellado ao marco dos festivais musicais de gran formato. Carmela Silva deulle os parabéns porque este proxecto “é de utilidade para a administración, e porque se pode converter en realidade”. Natera comezou as prácticas a pasada Semana Santa e seguirase formando no Servizo de Igualdade ata o día 22 de xuño.

Galerias de imaxes