Recepción ao presidente do Centro Pontevedrés Social e Deportivo de Montevideo

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada do deputado provincial Carlos Font, recibiu no Pazo provincial o presidente do Centro Pontevedrés Social e Deportivo de Montevideo, José Manuel Vidal.

14/04/2023

Vidal preside fai dous anos esta entidade creada en 1958 e que conta con equipos de balonmán, teatro e tamén outro de música e baile galego co que actúa nas festividades da colectividade galega en Uruguai.  Na xuntanza, a presidenta lembrou ter vivido en Montevideo “un encontro moi emotivo coa xente da emigración” e entregou ao presidente da entidade a figura cerámica da menina de Sargadelos “para que a leves alá e teñades un recordo da Deputación”. Vidal, á súa vez, solicitou á Deputación “poder levar a Uruguai unha bandeira da provincia de Pontevedra” para substituír a actual, deteriorada polo paso do tempo.

Galerias de imagenes