A vicepresidenta da Deputación mantivo unha reunión con parte da directiva do club de baloncesto feminino Celta Zorka Recalvi

01/08/2023

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, mantivo hoxe unha reunión con parte da directiva do club de baloncesto feminino Celta Zorka Recalvi, a primeira tralo cambio de goberno provincial. No encontro, que tivo lugar na sede de Vigo da Deputación, a vicepresidenta e o club exploraron posibles vías de colaboración de cara ás próximas temporadas. Fernández-Tapias reiterou que o compromiso co deporte e a promoción de actividades deportivas será un dos grandes eixes e obxectivos deste mandato.