A deputada de Benestar Social e Igualdade, Sandra Bastos, asistiu á presentación da Fundación Ecca Social

12/12/2023

Presentación da Fundación Ecca Social

A Sede de Vigo da Deputación de Pontevedra foi o escenario escollido para a presentación da Fundación Ecca Social. No acto, a deputada de Benestar Social e Igualdade, Sandra Bastos, enxalzou a vertente social de Ecca e o paso cara adiante que dá encamiñado “a seguir construíndo sociedades máis xustas, equitativas, igualitarias e sostibles, e a prestar unha atención cada vez máis próxima a todas as persoas que precisan axuda e apoio”. Tamén fixo fincapé na importancia da integración social e destacou o papel da formación neste eido, ámbitos nos que traballa a Fundación Ecca Social.

Ademais, Sandra Bastos amosou a vontade da Deputación de Pontevedra de traballar “para construír un mundo mellor e cheo de oportunidades para todos” e o seu firme compromiso cos colectivos sociais da provincia. “Estaremos ao voso carón, sempre, acompañándovos, axudándovos, porque tender pontes sabemos que é o único e o mellor camiño para construír máis provincia”.