SmartPeme arranca o mes de novembro cun novo obradoiro sobre os “infoprodutos”

01/11/2022

A Deputación de Pontevedra, a través do seu programa SmartPeme, oferta unha nova acción formativa impartida de xeito online, enmarcada na súa carteira de obradoiros. A acción tratará o tema dos infoprodutos, un negocio para moitos profesionais que deciden compartir os seus coñecementos e gañar diñeiro con eles.

Os infoprodutos son artigos dixitais onde os datos e a información están estruturadas para educar ou guiar ás persoas consumidoras cara un propósito. Deste xeito “xogan” a ofrecer información valiosa de acordo co público obxectivo.

Mañá, mércores, 2 de outubro, ás 12 da mañá, Fatima Faílde, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, será a encargada de dirixir a acción “Infoprodutos: que son e como crealos”. O obradoiro dará a coñecer que son os infoprodutos e como poden axudar a crear un negocio que se xestiona de maneira automática. Tamén aprenderán os tipos de infoprodutos que existen actualmente no mercado en liña e como elaboralos seguindo uns pasos básicos que nos indicarán o seu éxito. A actividade impartirase de xeito telemático vía Zoom e as persoas interesadas poden obter máis información no sitio web de SmartPeme.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.