O programa de asesoramento tecnolóxico da Deputación SmartPeme oferta unha nova acción formativa sobre ciberseguridade

A actividade formativa centrarase nos antivirus e nas actualizacións de software e terá lugar este luns, 3 de abril, a través de Zoom

01/04/2023

A Deputación de Pontevedra, a través do seu programa de asesoramento tecnolóxico SmartPeme, oferta un novo curso para esta semana enmarcado na súa carteira de obradoiros online. Esta acción formativa centraranse nos antivirus e nas actualizacións de software e terá lugar este luns, 3 de abril, ás 10.00 horas a través de Zoom.

O curso “Ciberseguridade, antivirus e actualización do software” forma parte dunha serie de obradoiros que buscan formar ao alumnado en aspectos fundamentais que se deben ter en conta en materia de ciberseguridade. O obxectivo principal desta actividade formativa é o de dar a coñecer dúas das medidas básicas que se deben tomar para incrementar a seguridade informática: a necesidade de ter todo o software actualizado para corrixir vulnerabilidades e a utilización e elección dun antivirus, cal é o aconsellable e as razóns que motivan o seu emprego. O taller será impartido por Manuel Freire, experto universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 8 resultados.