A Deputación destina 380.000 € a seguir impulsando e profesionalizando o sector turístico

A institución financia os custos do persoal para a prestación do servizo de información en oficinas adheridas á rede Info Rías Baixas e apoia ás entidades que impulsan actividades de carácter turístico

24/01/2023

Xunta de Gobreno

No marco do “enorme esforzo por construír un destino de calidade, intelixente, sostible, dinámico e diverso”, tal e como detallou a presidenta Carmela Silva, o Goberno da Deputación vén de aprobar partidas por 380.000 € para seguir impulsando e profesionalizando o sector turístico provincial.  Destes recursos, 280.000 € irán destinados a financiar os custos do persoal para a prestación do servizo de información en oficinas de turismo adheridas á rede Info Rías Baixas e outros 100.000 e a entidades que impulsan actividades de carácter turístico no 2023.

A primeira das liñas das subvencións que vén de aprobar a institución provincial está destinada aos concellos con oficinas adheridas á rede Info Rías Baixas. Nestes momentos son 33 as oficinas adscritas á rede que recibirán 280.000 €, 60.000 € máis que no 2022, para financiar os custos salariais das persoas empregadas que prestan servizos de atención ao público ou os custos derivados da contratación da prestación do servizo neses espazos.

Ademais, tamén se ten aprobado destinar 100.000 € para entidades sen fins de lucro que van promover actividades durante o 2023 que teñan por obxectivo a promoción  e estímulo dun sector turístico competitivo, de calidade, accesible e sustentable, así como a promoción de recursos turísticos da provincia.

O pasado ano foron 31 entidades de 15 concellos da provincia as que se beneficiaron destas achegas e impulsaron actividades diversas relacionadas coa difusión da provincia.

Noticias relacionadas

 
		A oficina de turismo da Guarda camiña cara un modelo dixitalizado de atención ás persoas visitantes ao abeiro do Tourist Inside

A oficina de turismo da Guarda camiña cara un modelo dixitalizado de atención ás persoas visitantes ao abeiro do Tourist Inside

Este punto de información verá renovado o seu modelo de atención coa incorporación de elementos como unha pantalla dixital ou a instalación de 19 “beacons” no municipio

 
		A oficina de turismo de Cambados avanza cara unha atención dixitalizada da man do proxecto provincial Tourist Inside

A oficina de turismo de Cambados avanza cara unha atención dixitalizada da man do proxecto provincial Tourist Inside

Este novo modelo baséase nas novas  tecnoloxías para ofrecer unha experiencia máis enriquecedora ás persoas que soliciten información do destino Pontevedra Provincia

 
		O punto de información turística do Mosteiro de Armenteira, en Meis, súmase á revolución dixital que promove a Deputación

O punto de información turística do Mosteiro de Armenteira, en Meis, súmase á revolución dixital que promove a Deputación

Cos fondos do programa europeo “Tourist Inside” busca ofrecer unha experiencia enriquecedora e accesible a tódalas persoas que visiten a oficina

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 9 resultados.