A vicepresidenta da Deputación fai entrega de premios do 48º Trofeo Conde de Gondomar, Gran Premio Zelnova Zeltia-Sabadell Urquijo

25/07/2023

Está considerada unha das probas náuticas deportivas máis senlleiras de Galicia. Ao acto asistiron o alcalde de Baiona e tamén deputado provincial, Jesús Vázquez Almuíña; o secretario territorial da Xunta en Vigo, Fernando González Abeijón; o presidente do Monte Real Club de Iates de Baiona, José Luis Álvarez; o director xeral autonómico do Banco Sabadell, Pablo Junceda; e, entre outras autoridades, o conselleiro delegado de Zelnovia Zeltia, Juan Carlos Ameneiro.