A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, participa na presentación do Season Fest

07/09/2023

Presentación do Season Fest

 

A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, participou na presentación do Season Fest, que se celebra nos parques da Coelleira e das Ánimas de Gondomar entre o 21 e o 24 de setembro co apoio da institución provincial. Fernández-Tapias subliñou a programación deste evento, que “chega con aires renovados pero sen perder a esencia que o converteu no gran festival de pequeno formato”, cun “cartel de luxo para despedir o verán como merece” e actividades “para impulsar a nosa gastronomía e o noso destino” baixo o eixo da sostibilidade. A vicepresidenta e responsable de Cultura sinalou que “para o novo equipo da Deputación a cultura será un alicerce fundamental coa premisa de apoiar este sector, que sempre ofrece experiencias interesantes ao público co fin de que a nosa cultura siga estando moi viva, e desde a perspectiva local”.