A vicepresidenta primeira da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, asiste ao acto de celebración do centenario do Real Club Celta de Vigo

23/08/2023

Centenario Celta

A vicepresidenta primeira e responsable da área de Deportes da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, asistiu na Cidade Deportiva Afouteza ao acto de celebración do centenario do Real Club Celta de Vigo. Durante o acto, no que interviron o presidente do Celta, Carlos Mouriño, e o presidente do Comité Olímpico Español, Alejandro Blanco, fíxose un repaso aos cen anos de historia do club e presentouse o futuro complexo Galicia Sports 360.