Marta Fernández-Tapias, asistiu esta mañá ao festival UnderCabral, no barrio vigués de Cabral

09/09/2023

O evento, organizado pola Asociación de Veciños Santa Mariña de Cabral, reúne desde o venres 8 de setembro ata hoxe o mellor da cultura urbana nunha cita pensada para todos os públicos. Fernández-Tapias agradeceu “o labor que realiza a asociación polo barrio, hoxe especialmente por darlle vida a este evento que enriquece a vida da cidade e de Cabral”. A vicepresidenta remarcou a importancia de “achegar a cultura urbana a persoas de todas as xeracións para acabar cos seus prexuízos” e garantiu o compromiso da Deputación cos eventos culturais, “que lle dan vida aos nosos barrios”, como un dos grandes eixes do mandato.

Galerias de imaxes