VIII Xornada de Onomástica Galega

21/10/2023

O vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, participou hoxe na apertura da VIII Xornada de Onomástica Galega que organiza a Real Academia Galega, coa colaboración do Museo de Pontevedra e a Deputación, e que se celebra no Edificio Castelao. Na súa intervención, Domínguez salientou que esta cita “xa ten un nome propio no calendario cultural” de Pontevedra e que da man dos mellores expertos “axuda a coñecer cada ano máis dos nosos nomes e a coñecernos e entendernos máis como pobo”. “Colaboracións como esta coa RAG converten en centro cultural a esta cidade e esta provincia e este é, precisamente, un dos nosos obxectivos, que Pontevedra vaia a máis”, destacou o vicepresidente, que incidiu así mesmo no rico patrimonio inmaterial que atesoura Galicia no campo da onomástica, “que nos vincula a todos e fala da nosa singularidade”.