Nova acción do programa de igualdade “Mulleres en Acción. Violencia Zero” que se desenvolveu no Centro Penitenciario da Lama

02/08/2023

A deputada provincial Sandra Bastos participou esta mañá nunha nova acción do programa de igualdade “Mulleres en Acción. Violencia Zero” que se desenvolveu no Centro Penitenciario da Lama.

A actividade, a cargo de María Bueno e Mónica Mura e co título de “Muller-paxaro”, comezou cun taller no que 10 mulleres crearon paisaxes sonoras e rematou cunha performance final na que as artistas empregaron os materiais creados polas voluntarias.

Sandra Bastos asegurou que “a igualdade é un dos grandes retos desta sociedade” e sinalou que “o equipo que acaba de coller as rendas da Deputación de Pontevedra vai dar pasos cara adiante para que a igualdade sexa real e se expanda na nosa sociedade”.