Visita AGAFAC á Finca Mouriscade
13/05/2022
O deputado provincial de Centros de Investigación, Manuel González, recibiu na Finca Mouriscade a unha decena de representantes da Asociación Galega de Fabricantes de Alimentos Compostos (AGAFAC) que visitaron as instalacións deste centro dependente da Deputación. O percorrido centrouse nas distintas dependencias que ten o laboratorio e seguiu o fluxo de traballo que se realiza coas mostras cando chegan a Mouriscade. A visita estivo guiada por persoal técnico da finca e pasou por lugares como a zona de recepción, a de preparación de mostras ou as salas de microbioloxía e análise fisicoquímico; esta última formada por tres salas diferenciadas onde se analizan nutritivamente as mostras.