OBRADOIROS DE ILUSTRACIÓN E ESCRITA

“O BOSQUE DOS CONTOS”

Obradoiro de Escrita Divertida con María Lado

Actividades con inscrición previa. Cada nena ou neno poderá inscribirse nun obradoiro. Inscrición aberta a partir do martes 4 de novembro ás 9 h


Actividade

Obradoiro de Escrita Divertida

A escritora María Lado guía esta actividade dirixida a persoas de 8 a 12 anos.

O caderno de escrita divertida, do Hematocrítico, é a base para unha actividade orientada a estimular a creatividade e a expresión escrita e gráfica.

Un obradoiro divertidísimo que deixa unha lembranza imborrable.

  • Número máximo de participantes: 20
  • Duración: 50 minutos
  • Idades: 8 a 12 anos
  • Día: sábado 13 de decembro
  • Hora: 18 h

Escritora

María Lado

María Lado (Cee, 1979) é escritora, tradutora e actriz. Vive entre Vigo e Pontevedra.

Xunto con Llerena Perozo dinamizou o espazo infantil dos programas "Galicia, ceo das letras" e "Nexos para a cultura e o pensamento" para o departamento de Acción Cultural da Cidade da Cultura entre 2012 e 2018. Imparte obradoiros de escrita e guía actividades desde hai máis de quince anos.

Como poeta publicou A primeira visión (1997), Casa atlántica, casa cabaret (Xerais, 2001), Berlín (2005), Nove (2008), Amantes (2011), Oso, mamá, si? (Xerais, 2015) ou Gramo Stendhal (2020). É autora tamén do álbum infantil Porque Cuqui non quere ir á lavadora (2014) e como narradora publicou Entre os dous hai un río (2016). Con Lucía Aldao forma o dúo poético Aldaolado, que publica en 2020 o libro de poemas Ninguén morreu de ler poesía (Xerais, 2020). Con motivo da homenaxe polo Día das Letras Galegas ás cantareiras e á poesía popular oral, publica o libro infantil Canta, miña compañeira. O legado das cantareiras (Xerais, 2025).