OTC_DEPO

Encontros virtuais sobre comunidades enerxéticas

Oficina de Transformación Comunitaria da provincia de Pontevedra

Se tes dúbidas sobre as comunidades enerxéticas ou se xa asistiches á xornada de difusión que tivo lugar no teu municipio e aínda che quedan cuestións por resolver, podes unirte aos encontros virtuais que organizamos desde a Oficina de Transformación Comunitaria (OTC), nos que estaremos á túa disposición para asesorarte no proceso de creación ou adhesión á comunidade enerxética do teu municipio.


Estes encontros darán comezo no mes de maio de 2025 e levaranse a cabo os segundos mércores de cada mes ás 12:00 horas a través da aplicación TEAMS . Para participar, inscríbete enviando un correo á OTC (otc@depo.es) ou, tamén, podes unirte facendo clic na seguinte ligazón: https://teams.microsoft.com/meet/312180796160?p=hPZMWQ6c3gK2HbPDQc

 

Id. de reunión: 312 180 796 160

Código de acceso: RQ9bc6C2