null OTAC - Administración electrónica

Eixe 2. Xestión de servizos municipais

Administración electrónica

$

Servizo destinado a implantar, optimizar e darlles soporte ás ferramentas de Administración electrónica municipal, e orientado a tramitar expedientes, xestionar notificacións, intercambiar datos con outras administracións e ofrecer servizos en liña áxiles, seguros e interoperables para a cidadanía en modo de software como servizo (SaaS, polas súas siglas en inglés).

Beneficios

  • Mellorar a eficiencia e a transparencia na tramitación administrativa.
  • Facilitar o acceso a servizos públicos electrónicos.
  • Reforzar o cumprimento normativo.
  • Reducir o uso do papel e simplificar os procesos.

Obxectivos

  • Facilitar a tramitación electrónica completa de expedientes.
  • Promover a relación electrónica coa cidadanía.
  • Mellorar a eficiencia interna e reducir os tempos de tramitación.

Modelo de prestación

Servizo xestionado pola Deputación, prestado a través dun provedor externo.

Apoio proporcionado

  • Acompañamento personalizado na adaptación dos procedementos administrativos ao contorno dixital.
  • Formación funcional e técnica ao persoal empregado público municipal, adaptada aos distintos perfís e responsabilidades.
  • Soporte técnico e funcional continuado, con resolución de incidencias, asesoramento normativo e mellora continua.
  • Seguimento periódico e avaliación dos avances, coa proposta de medidas correctoras ou de mellora, cando sexa necesario.

Normativa

Solicitude

De ter interese no servizo, deberá contactar coa OTAC a través do seguinte formulario.