null OTAC - Asesoramento e soporte na infraestrutura TIC

Eixe 1. Servizos informáticos comúns

Asesoramento e soporte na infraestrutura TIC

$

Servizo destinado a implementar e xestionar a infraestrutura tecnolóxica básica do concello, incluídos servidores, redes, almacenamento de datos, solucións na nube e sistemas de apoio que dean resposta e orientación nas consultas que xurdan.

Beneficios

  • Garantir a continuidade operativa e a dispoñibilidade dos servizos municipais.
  • Aumentar a seguridade e a protección da información.
  • Optimizar e reducir os custos operativos.

Obxectivos

  • Dispor dunha infraestrutura tecnolóxica sólida, segura e eficiente.
  • Asegurar a dispoñibilidade continua dos sistemas críticos.
  • Adaptar as infraestruturas tecnolóxicas ás necesidades reais.

Modelo de prestación

Servizo prestado de xeito directo pola propia Deputación.

Apoio proporcionado

  • Apoio no deseño técnico da infraestrutura tecnolóxica, adaptada ás necesidades do concello.
  • Soporte na instalación, configuración inicial e posta en marcha dos distintos sistemas.
  • Asesoramento no mantemento preventivo e correctivo continuos.
  • Asistencia técnica e resolución de incidencias, mediante soporte técnico, naqueles casos nos que o a entidade local o precise.

Normativa

Solicitude

De ter interese no servizo, deberá contactar coa OTAC a través do seguinte formulario.