null OTAC - Centro de operacións de ciberseguridade para entidades locais

Eixe 4. Ciberseguridade, datos e IA

Centro de operacións de ciberseguridade para entidades locais

$

Servizo orientado a mellorar a protección dos sistemas municipais mediante a implantación progresiva dun centro de operacións de ciberseguridade a través do cal proporcionar ferramentas e servizos especializados para anticipar, detectar, protexer e responder ante incidencias, adaptado ao nivel de madurez de cada entidade local.

Beneficios

  • Acadar unha resposta máis eficaz e coordinada ante incidencias de seguridade.
  • Reducir os riscos e as vulnerabilidades nos sistemas municipais.
  • Proporcionar acceso a ferramentas profesionais, soporte 24/7 e formación especializada.

Obxectivos

  • Dotar os concellos de servizos e solucións que reforcen a súa seguridade dixital mediante un enfoque de xestión integral.
  • Aumentar o nivel de cumprimento co ENS.

Modelo de prestación

Servizo xestionado pola Deputación, prestado a través do Centro de Operacións de Ciberseguridade para Entidades Locais (COCS–EELL) da Axencia Estatal de Administración Dixital.

Apoio proporcionado

  • Prevención e detección de ameazas, incluídos escaneamentos de vulnerabilidades e vixilancia dixital.
  • Protección dos sistemas mediante configuracións seguras, control de accesos e ferramentas ante intrusións.
  • Resposta ante incidencias e xestión de crises de seguridade.
  • Asesoramento técnico e xurídico en materia de ciberseguridade.
  • Formación e acompañamento técnico continuado con coordinadores territoriais.

Normativa

Solicitude

De ter interese no servizo, deberá contactar coa OTAC a través do seguinte formulario.