Eixe 1. Servizos informáticos comúns
Control horario
Servizo integral destinado ao control horario e seguimento da xornada laboral do persoal empregado público municipal. Inclúe sistemas dixitais avanzados para o rexistro horario adaptados ás esixencias legais e normativas vixentes.
Beneficios
- Reforzar o cumprimento da lexislación vixente.
- Mellorar a transparencia e eficiencia na xestión do persoal.
- Reducir os erros manuais mediante a automatización.
- Facilitar unha xestión máis áxil e precisa do tempo.
Obxectivos
- Acadar un sistema dixital eficiente para o rexistro horario.
- Mellorar a eficiencia administrativa.
- Obter datos precisos en tempo real sobre a xornada laboral.
Modelo de prestación
Servizo xestionado pola Deputación, prestado a través dun provedor externo.
Apoio proporcionado
- Análise inicial de necesidades específicas e diagnóstico técnico.
- Instalación, configuración inicial e posta en marcha do sistema tecnolóxico para o control horario.
- Formación específica dirixida ao persoal administrativo e ás persoas usuarias do sistema.
- Soporte técnico continuo con asistencia presencial e remota para a resolución de incidencias.
- Monitorización do sistema e axustes técnicos segundo as necesidades.
Normativa
Solicitude
De ter interese no servizo, deberá contactar coa OTAC a través do seguinte formulario.