null OTAC - Corrección de exames

Eixe 2. Xestión de servizos municipais

Corrección de exames

$

Servizo destinado a prestar soporte na realización dos procesos selectivos nos concellos mediante o apoio na organización das probas e na corrección dos exames, coa elaboración da documentación precisa e o desprazamento do persoal técnico.

Beneficios

  • Axilizar a realización dos procesos selectivos.
  • Diminuír a carga de traballo do persoal dos concellos.
  • Mellorar a planificación na provisión de postos de traballo.
  • Achegar unha maior seguridade nas probas que se realicen.

Obxectivos

  • Implementar un sistema de corrección de exames áxil, seguro e adaptado ás necesidades particulares dos concellos.
  • Mellorar a xestión dos procesos selectivos dos concellos.

Modelo de prestación

Servizo prestado de xeito directo pola propia Deputación.

Apoio proporcionado

  • Apoio na organización das probas en aspectos coma a xestión das persoas asistentes.
  • Desprazamento in situ do equipo corrector ao concello.
  • Elaboración da documentación de soporte relacionada coa corrección.
  • Soporte e resolución de dúbidas que poidan xurdir durante o proceso de corrección.
  • Realización das comprobacións funcionais adecuadas para garantir a seguridade e o bo funcionamento dos equipos.

Normativa

Solicitude

De ter interese no servizo, deberá contactar coa OTAC a través do seguinte formulario.