null OTAC - Explotación e análise de datos

Eixe 4. Ciberseguridade, datos e IA

Explotación e análise de datos

$

Servizo de apoio para desenvolver unha estratexia de análise de datos, identificando os datos dispoñibles no concello e asesorando na implantación dos casos de uso identificados, como, por exemplo, cadros de mando que faciliten a toma de decisións baseada en datos.

Beneficios

  • Favorecer a toma de decisións estratéxicas.
  • Incrementar a transparencia e o control da xestión pública.
  • Optimizar o emprego de recursos públicos aumentando a calidade dos servizos prestados.

Obxectivos

  • Definir unha estratexia de datos cohesionada e integradora.
  • Prestar apoio na implantación de casos de uso.
  • Mellorar a toma de decisións reforzando a xestión pública.

Modelo de prestación

Servizo prestado de xeito directo pola propia Deputación.

Apoio proporcionado

  • Identificación e análise das fontes de datos dispoñibles.
  • Identificación e análise da tipoloxía de datos existentes.
  • Apoio na identificación de análises e casos de uso para desenvolver cos datos dispoñibles.
  • Apoio no deseño do modelo de tratamento e explotación dos datos.
  • Resolución de dúbidas relativas á análise e ao uso da información.

Normativa

Solicitude

De ter interese no servizo, deberá contactar coa OTAC a través do seguinte formulario.