null OTAC - Padrón municipal de habitantes

Eixe 2. Xestión de servizos municipais

Padrón municipal de habitantes

$

Servizo dirixido a apoiar os concellos na xestión do padrón municipal de habitantes, asegurando o cumprimento da normativa vixente e a interoperabilidade co Instituto Nacional de Estatística (INE). Inclúe solucións técnicas e acompañamento funcional para manter un padrón actualizado.

Beneficios

  • Asegurar a calidade, integridade e actualidade dos datos do padrón.
  • Mellorar a coordinación e o intercambio de datos co INE e con outras administracións.
  • Simplificar a xestión diaria do persoal municipal.

Obxectivos

  • Garantir unha xestión eficiente, segura e conforme á normativa.
  • Facilitar a correcta remisión de información ao INE.
  • Proporcionar ferramentas para manter o padrón actualizado.

Modelo de prestación

Servizo xestionado pola Deputación, prestado a través dun provedor externo.

Apoio proporcionado

  • Implantación e configuración de solucións tecnolóxicas.
  • Acompañamento na regularización de datos, depuración de rexistros e resolución de incidencias.
  • Asistencia funcional continua na remisión de ficheiros, xestión de altas, baixas e modificacións.
  • Formación práctica ao persoal empregado público municipal sobre normativa, procesos e uso da ferramenta.
  • Coordinación co INE e apoio na xestión das comunicacións oficiais.

Normativa

Solicitude

De ter interese no servizo, deberá contactar coa OTAC a través do seguinte formulario.