null OTAC - Soporte para a avaliación das ofertas

Eixe 3. Apoio técnico en licitacións

Soporte para a avaliación das ofertas

$

Servizo de asesoramento especializado para avaliar as ofertas presentadas en procedementos de contratación de servizos e solucións tecnolóxicas. O obxectivo é garantir unha análise rigorosa e obxectiva que axude a seleccionar a proposta máis axeitada.

Beneficios

  • Aumentar a seguridade xurídica e técnica do proceso de avaliación.
  • Mellorar a transparencia e obxectividade.
  • Reducir o traballo dos órganos de contratación.
  • Favorecer a elección de solucións máis axeitadas.

Obxectivos

  • Apoiar os concellos na análise técnica das ofertas recibidas.
  • Garantir a aplicación rigorosa dos criterios establecidos nos pregos.
  • Axilizar o proceso de avaliación.

Modelo de prestación

Servizo prestado de xeito directo pola propia Deputación.

Apoio proporcionado

  • Estudo técnico das ofertas presentadas en función dos criterios establecidos.
  • Elaboración de informes técnicos de avaliación.
  • Aclaracións e asesoramento en caso de dúbidas sobre o contido das propostas.
  • Participación en mesas de contratación como persoal asesor.
  • Soporte na documentación do proceso para garantir trazabilidade e transparencia.

Normativa

Solicitude

De ter interese no servizo, deberá contactar coa OTAC a través do seguinte formulario.