#MEDIONATURAL

Permisos de pesca no coto de Cutián

Campo Lameiro


O coto de Cutián, no municipio de Campo Lameiro, foi cedido á Deputación de Pontevedra polo antigo Servizo Nacional de Pesca Fluvial e Caza do Ministerio de Agricultura como unha contraprestación contemplada nun convenio do ano 1961, asinado por ambas as institucións.

No citado convenio tamén se contempla a cesión á Deputación, durante a temporada de pesca, dos permisos asignados ao couto. Como as competencias de pesca fluvial lle corresponden na actualidade á Xunta de Galicia, os permisos fánnolos chegar desde o Servizo de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

Dispoñemos de cinco permisos para cada día e as solicitudes aténdense por rigorosa orde de chegada.

Prazo:

  • A temporada de pesca comeza o 1 de maio e remata o 31 de xullo
  • A partires de hoxe se poden presentar as solicitudes dos permisos e o prazo estará aberto toda a temporada de pesca

Dirixido a:

  • Pescadores e pescadoras de troita

Observacións: