#INNOVACIÓN

Programa TurisTIC

Nun mundo globalizado e en permanente cambio cada vez é máis importante para o sector turístico da provincia o coñecemento e manexo das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC). 


A Deputación de Pontevedra préstalles apoio ás empresas, persoas emprendedoras, autónomas e pemes para mellorar a súa competitividade por medio das ferramentas tecnolóxicas a través do servizo SmartPeme, que puxo en marcha en 2018 o programa TurisTIC. Con esta vía de apoio desenvolve unha ampla gama de actividades de capacitación dixital nos distintos puntos da rede, que conta con sete oficinas (Pontevedra, Vigo, Ponteareas, Cambados, Lalín, O Porriño e Barro).

O programa TurisTIC presta asesoramento personalizado a demanda, fai un diagnóstico e seguimento na implantación de solucións TIC entre as empresas do sector que o solicitan, e organiza charlas e obradoiros sobre distintas competencias tecnolóxicas de utilidade para mellorar a eficiencia, a interacción co público e a comercialización.

ACELERADORA TURISTIC

Dentro deste programa, e enmarcado no Plan estratéxico de turismo, a Deputación creou a aceleradora de empresas TurisTIC. Esta iniciativa pioneira a nivel nacional préstalles apoio específico a proxectos turísticos en fase temperá e cun alto potencial de desenvolvemento promovidos por empresas e persoas que estean motivadas e comprometidas co programa e teñan interese en adquirir capacitacións tecnolóxicas. Na aceleradora contan con respaldo e acompañamento para desenvolver o seu proxecto e modelo de negocio, reciben formación individual a cargo de especialistas, participan en sesións de aprendizaxe en grupo e dispoñen de axuda para planificar as diferentes accións de promoción, márketing e comercialización.

XORNADAS TURISTIC

Paralelamente, a institución provincial, que forma parte da Rede de Destinos Turísticos Intelixentes, organiza cada ano as xornadas TurisTIC, un lugar de encontro para o sector no que se promove a colaboración e o intercambio de boas prácticas entre empresas turísticas e tecnolóxicas e as institucións públicas. As xornadas inclúen relatorios e mesas redondas a cargo de persoas expertas nas que se analizan novas tendencias, modelos de negocio, retos e oportunidades; compártense experiencias; e preséntanse solucións innovadoras

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.

ODS NOS QUE TEN IMPACTO