Salvaterra de Miño

ESPAZO TERMAL DE TEÁNS (OLEIROS)

Descrición: Conta con tres termas de auga quente e unha de auga fría que brotan desde o subsolo nas marxes do río Miño. Non se permite a entrada a menores de 10 anos e ata os 15 anos irán acompañados dunha persoa adulta. As tarifas pódense consultar na web do Concello.

Localización: Teáns (Oleiros)

Horario de apertura: 

Aberto de mércores a domingo:

De xuño a setembro, de 9 a 12 h e de 19 a 23 h

De outubro a maio, de 10 a 13 h e de 17 a 21 h

MUSEO DA CIENCIA DO VIÑO

Descrición: Espazo de divulgación da viticultura e enoloxía, situado no castelo de Dona Urraca, declarado ben de interese cultural. As tarifas pódense consultar na web do Concello.

Localización: Praza do Castelo, 4

Horario de apertura: De xoves a domingo, de 11 a 14 h e de 17 a 19 h

Solicitude do espazo: Reservas en museocienciavino@concellodesalvaterra.org

BIBLIOTECA MUNICIPAL

Descrición: Biblioteca municipal totalmente equipada e con ordenadores a disposición das persoas usuarias.

Localización: Praza do Castelo, 1

Horario de apertura: 

De luns a xoves de 8 a 22 h

De venres a domingo 8 a 00 h

Solicitude do espazo: Pode solicitarse no Concello a tarxeta de acceso á biblioteca para estudar ou consultar.