#CULTURA

SON VERÁN

CICLO DE CONCERTOS POLA PROVINCIA


O Servizo de Cultura da Deputación de Pontevedra pon en marcha unha nova edición do Ciclo Son Verán de concertos estivais, que terán lugar de xullo a setembro de 2026 en concellos da provincia. Este ciclo, que naceu con vocación de continuidade, aposta por música con artistas e agrupacións de gran calidade que se suman á oferta cultural e musical da provincia con estilos e propostas alternativas ás programadas polos concellos: ópera, musical e escénica, tradicional-celta e músicas do mundo.

Serán trece actuacións repartidas por diferentes comarcas en espazos culturais e patrimoniais de referencia dos concellos da provincia co obxectivo de apoiar e complementar as súas programacións, sen interromper as destes, e apostar por espazos nos que se poña en valor a música galega e o propio patrimonio artístico e natural da provincia.

CONCERTOS E ESTILOS

Ópera

  • OPERACONCERT, Querida Montserrat, querido Luciano
    • Vilanova de Arousa, 23 de agosto, no Jardín Umbrío, ás 21 h
    • Caldas de Reis, 24 de agosto, na Carballeira, ás 21 horas 
    • Forcarei, 25 de agosto, na Praza do Concello, ás 21 h

Musical/escénico

  • QUEIMAN FOLK-ROCK
    • Valga, 29 de agosto, ás 23 h no Parque Irmáns Dios Mosquera
    • O Porriño, 26 de setembro, na praza Arquitecto Palacios, ás 20:30 h
  • LAROÁ, Porque non hei de cantar
    • A Guarda, 3 de setembro, ás 21 horas, na praza do Reló
    • Ribadumia, 30 de agosto, no Auditorio municipal, ás 20 h

Tradicional/celta

  • CARLOS NÚÑEZ, Celtic Sea
    • Marín, auditorio municipal, 18 de setembro - entradas esgotadas 
    • Cangas de Morrazo, 27 de setembro, ás 19 h, no porto de Aldán
      • Reserva de entradas de balde a través de entradas.ataquilla.com
      • (Poderanse reservar como máximo dúas entradas por persoa a partir do luns 21 de setembro, ás 9 h)
  • THE CRASS, Concerto homenaxe a Polo
    • Cerdedo Cotobade, 22 agosto, ás 21:30 h, na praza da Chan de Carballedo

Músicas do mundo/fusión

  • ROI CASAL, Ambos mundos
    • As Neves, 13 setembro, ás 21 h, Praza do Concello
    • Redondela,20 de setembro na praza da Casa da Torre, ás 20 h
  • GABRIEL FANDI
    • Baiona, 24 xullo, na Praza do Concello, ás 22:30 h

 

Mostrando o intervalo 1 - 3 de 22 resultados.