Deputación de Pontevedra

Visitas ao Pazo provincial

Sede da Deputación de Pontevedra

En que consisten?

Son un percorrido polas instalacións da sede central da Deputación, construída a finais do século XIX na cidade de Pontevedra. A visita é guiada polo persoal de Protocolo da institución provincial.

A quen vai dirixido?

Centros educativos da provincia de Pontevedra.

Obxectivo

Achegarlle a sede da Deputación de Pontevedra á cidadanía da provincia e dar a coñecer a súa historia
e funcionamento.

Como facelo?

Enviando unha solicitude por correo electrónico ao departamento de Protocolo do Servizo de Comunicación Institucional: protocolo@depo.es