#AnoOteriano
VOCES DOS ERMOS
Ciclo de Música Coral
A Deputación de Pontevedra organiza esta primavera un ciclo de cinco concertos de música coral nos concellos, que se desenvolverán de marzo a maio de 2026, con agrupacións corais e grupais da provincia. Nestes concertos terán protagonismo as voces e mesturaranse a música clásica, a popular e a contemporánea.
Ciclo Voces dos Ermos
O ciclo leva por título Voces dos Ermos en homenaxe ao autor Ramón Otero Pedrayo, que asinou unha das obras emblema da cultura galega: O mesón dos ermos.
O obxectivo é que a Deputación se sume á programación do #AnoOteriano, decretado polo Parlamento de Galicia para este 2026.
Os ermos son na obra de Otero un símbolo do rural e do interior galego, ao igual que as formacións corais e grupais da nosa música popular.
Agrupacións participantes
As agrupacións artísticas son bandas ou corais de referencia na provincia ou vinculadas con esta, que celebran neste 2026 algunha efeméride destacada.
Coral Polifónica de Pontevedra (centenario)
Coro Liceo de Vilagarcía (45.º aniversario)
Orfeón Terra a Nosa (LX aniversario)
Coral Polifónica de Pontevedra coa Orquestra Sinfónica de Pontevedra
Leucoíña. O canto das augas, Brais González
Auditorio Sede Afundación, Pontevedra
Ás 20 h
Banda Filharmónica de Vigo co coro Mistura Vocal
Auditorio da Asociación Veciñal de San Miguel de Oia, Vigo
Ás 19 h
Tolemia's Consort
Igrexa de San Andrés de Barrantes, Ribadumia
Ás 19:30 h
Coro Liceo de Vilagarcía coa Banda de Cámara Arousa e solistas
Concerto de música sacra In memoriam
Igrexa do convento de Vista Alegre, Vilagarcía de Arousa
Ás 20:30 h
Orfeón e Orquestra Terra a Nosa
Concerto LX Aniversario
Mosteiro de Poio
Ás 20:30 h