#CULTURA
II Xornadas educativas AGAPI
Desde o Servizo de Cultura da Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), organízanse as II Xornadas Educativas O Oficio de Producir.
Estas xornadas impartiranas profesionais da produción en Galicia, co obxectivo de achegar o alumnado dos últimos cursos de primaria ao audiovisual galego dun xeito didáctico, educativo e atractivo.
Longametraxes de ficción, documentais, curtametraxes, programas e outros recursos audiovisuais creados en Galicia poden utilizarse como instrumentos pedagóxicos para ensinar valores, historia, xeografía e lingua galega, ao tempo que permiten que as nenas e nenos entren en contacto coa nosa cultura.
| Concello | Colexio | Data |
|---|---|---|
| Agolada | CEIP de Agolada | 12/05/2026, ás 12:00 h Javi Lopa, de Unodez |
| Baiona | CEIP Plurilingüe Belesar | 14/05/2026, ás 10:30 h Bea Villar, de Brava |
| Ponteareas | Auditorio de Ponteareas (varios centros) | 19/05/2026, ás 11:00 h Silvia Fuentes, de Sétima |
| O Campo Lameiro | CEIP Plurilingüe Pedro Antonio Cerviño | 26/05/2026, ás 12:00 h Simone Saibene, de Noveolas Producciones |
| Marín | CEIP Sequelo-Marín | 02/06/2026, ás 10:00 h Irene Pin, de Aqueladas |
| A Lama | CEIP A Lama | 04/06/2026, ás 10:30 h Diego Aballe, Coven Films |