POLÍTICA DE PRIVACIDADE E PROTECCIÓN DE DATOS
Conecta Rural DEPO
Última actualización: Agosto 2026
A protección das persoas físicas en relación co tratamento de datos persoais é un dereito fundamental protexido polo artigo 18.4 da Constitución española que se exerce conforme ao establecido no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril, xeral de protección de datos (RGPD) e na Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD).
A través deste documento infórmase do tratamento que se realiza dos datos persoais na aplicación móbil Conecta Rural DEPO, en diante a aplicación.
1. Responsable do tratamento
En cumprimento co establecido no RGPD e na LOPDGDD, a entidade responsable das actividades de tratamento dos datos é a Deputación de Pontevedra:
- Dirección: Pazo provincial. Avda. Montero Ríos, s/n, 36071 Pontevedra ES
- Teléfono: +34 986 804 100
- Correo electrónico: info@depo.gal
- Delegado de protección de datos (DPD): As persoas interesadas poderán contactar coa persoa delegada de protección de datos a través do seguinte formulario de contacto
2. Datos obxecto de tratamento
Non se solicitan nin almacenan datos identificativos directos das persoas usuarias. Trátase dunha aplicación de acceso público que non require de rexistro previo nin creación de conta de persoa usuaria.
Non obstante, para a prestación dos servizos técnicos, é preciso o tratamento trátanse dos seguintes datos obtidos a través do dispositivo móbil:
- Datos de xeolocalización: coordenadas xeográficas (latitude e lonxitude) proporcionadas polo sistema GPS do propio dispositivo móbil.
3. Finalidade do tratamento
Os datos de xeolocalización son tratados exclusivamente para a execución das seguintes funcións:
- Mostrar no mapa a posición actual da persoa usuaria en relación coa rede de transporte.
- Identificar e mostrar as paradas máis próximas á localización actual do dispositivo.
- Autocompletar direccións nas buscas realizadas pola persoa usuaria.
- Calcular as rutas de viaxe desde a posición actual ata o destino seleccionado.
4. Base xurídica do tratamento (Lexitimación)
A base xurídica que lexitima o tratamento dos datos de localización recóllese no artigo 6.1 letra a) do RGPD, o consentimento da persoa interesada. Este consentimento solicítase a través dos permisos do sistema operativo do dispositivo móbil no momento de utilizar as funcións que requiren a xeolocalización. O consentimento pode ser retirado en calquera momento mediante a desactivación dos permisos de localización nos axustes do propio dispositivo móbil.
5. Conservación dos datos
Os datos de xeolocalización procésanse exclusivamente en tempo real na memoria volátil do dispositivo para executar as consultas operativas solicitadas pola persoa usuaria. Non se realiza ningunha conservación nin almacenamento histórico ou persistente destes datos en servidores nin sistemas de almacenamento externo, polo que son eliminados de xeito inmediato ao finalizar a consulta ou pechar a aplicación.
6. Destinatarios dos datos
Os datos de xeolocalización procesados non se comunican nin se ceden a terceiras entidades, salvo nos supostos de obriga legalmente establecida.
7. Exercicio de dereitos
Dado que esta administración non conserva de forma persistente os datos de localización nin dispón de elementos que permitan vincular as coordenadas temporais cunha persoa física concreta, non é tecnicamente posible identificar os datos para atender os dereitos de acceso, rectificación, supresión ou portabilidade, xa que nos atopamos ante un tratamento de datos que non require identificación.
O exercicio dos dereitos realízase mediante a revogación do consentimento a través dos axustes de privacidade do dispositivo móbil.
Para cuestións relativas ao tratamento dos datos ou para contactar coa persoa delegada de protección de datos, as persoas interesadas poderán dirixirse por vía electrónica a través de formulario de contacto
Así mesmo, tense o dereito a presentar unha reclamación ante a Agencia Española de Protección de Datos (C/ Jorge Juan, 6. 28001. MADRID).