Axenda de actividades provinciais

Vigo Porté 2026

Do Wed Apr 29 00:00:00 GMT 2026 ao Sun May 03 21:00:00 GMT 2026
Auditorio Mar de Vigo
Vigo Porté

Vigo Porté 2026 é un evento internacional de disciplinas de baile que chega á súa décimo cuarta edición no auditorio Mar de Vigo, onde se desenvolveu de forma continuada desde a súa creación en 2012. Levarase a cabo desde o 29 de abril ao 3 de maio e reunirá participantes de distintas procedencias, principalmente de España, Portugal e Reino Unido.
A programación inclúe o Trofeo de Baile (competición principal), Espazo Mostra, Masterclass, Workshop e Meet & Greet de K-Pop. O evento incorpora distintas disciplinas coma baile deportivo, hiphop, acro e propostas híbridas que combinan danza con outras modalidades.

Ao longo das súas edicións participaron máis de 11.000 bailaríns, 2.500 coreografías e 450 escolas de danza.

Información

PROGRAMACIÓN
Mércores, 29 de abril de 2026, Vialia Vigo

  • Presentación oficial do evento 
  • Meet & Greet con Tami Tamako 
  • Workshop 

Xoves, 30 de abril de 2026, auditorio Mar de Vigo

  • Master Class 

Venres 1, sábado 2 e domingo 3 de maio de 2026, auditorio Mar de Vigo

  • Trofeo de Baile (competición por categorías) 
  • Espazo Mostra 
  • Master Class 
  • Gala final (domingo 3 de maio)

Máis información