Axenda de actividades provinciais
XVI Memorial Filgueira Valverde
Do
Thu Oct 22 00:00:00 GMT 2026
ao
Fri Oct 23 21:00:00 GMT 2026
Edificio Castelao. Museo de Pontevedra
Co lema “Un crisol na actividade cultural galega. 120 aniversario”, achegámonos á figura de Xosé Filgueira Valverde desde diferentes puntos de vista: a súa vinculación ao Museo de Pontevedra, que dirixiu durante 46 anos, a relación con outros museos e institucións culturais en Galicia e a súa actividade como investigador.