Axenda de actividades provinciais

Cine de Serán +Cuñados

2026-09-19 21:30:00.0
Praza do Mestre Cerviño. Covelo
Cine de Serán <i>+Cuñados</i>

Cinema de Serán é un novo ciclo de cine de rúa para público familiar que se vai desenvolver durante os meses de setembro e outubro en dez concellos da provincia.

Información

Os concellos puideron escoller de entre un pequeno catálogo que incluía filmes de produción galega ou rodados na comunidade, así como títulos de animación estreados nos últimos anos. Con esta actividade o público poderá gozar dunha xornada de cinema en familia ou con amizades nunha pantalla de gran formato nas prazas da súa localidade, ou en espazos a cuberto se o tempo non acompaña, na que non faltarán nin as súas personaxes favoritas nin os flocos de millo. Que mellor que un final de verán de cine!