Axenda de actividades provinciais

Día da Muller no Museo

Desde 2022-03-08 00:00:00.0 ata 2022-03-11 23:59:00.0
Edificio Castelao do Museo. Pontevedra
Día da Muller no Museo

Con motivo da celebración do Día da Muller, o edificio Castelao albergará distintas actividades dirixidas a un público de todas as idades. As propostas comezarán o propio 8 de marzo coas visitas comentadas Artistas Visibles, un percorrido duns 45 minutos de duración polas obras das creadoras que forman parte da colección deste museo. Os itinerarios, que se celebrarán ás 18:00 h, estenderanse ao longo dos días 8, 9, 10 e 11.

Información

  • Artistas visibles: percorrido polas obras de mulleres artistas da nosa colección. Días 8,9,10 e 11 de marzo, ás 18:00 h
  • Carabranca: teatro infantil coa Compañía Eléctrica para o alumnado de 1º e 2º curso de educación primaria. Mércores 9 de marzo, ás 10:30  e ás 12:00h (inscricións: reservas.museo@depo.gal)
  • Aínda queda moito ferro!: coloquio sobre a situación da muller no mundo das artes. Xoves 10 de marzo, ás 19:00 h 
    • Participan: Sara Sánchez, Soledad Penalta e Basilisa Fiestras
    • Modera: Carmen Hermo
  • Matrioskas: Teatro para o público adulto con Marta Ortiz e Sofía Espiñeira. Venres 11 de marzo, ás 19:00 h (inscricións: reservas.museo@depo.gal)