Axenda de actividades provinciais
Entre Pontes Trail & Running: 14k Moaña
2026-12-13 10:00:00.0
Moaña, pistas de atletismo da Xunqueira
Entre Pontes Trail & Running é un novo circuíto deportivo promovido por la Deputación de Pontevedra, en colaboración cos municipios sede, que percorre a provincia con probas de running e trail.
A xornada de Moaña consiste nunha carreira de 14 quilómetros con saída e meta nas pistas de atletismo da Xunqueira, e conta, ademais, cunha camiñada de 6 quilómetros e carreiras infantís. Durante a mañá, haberá tamén unha zona de convivencia con food trucks, obradoiros e actividades de orientación para as e os máis pequenos.