Axenda de actividades provinciais

Exposición “Ricardo Portela inmorrente”

Do 2026-05-24 00:00:00.0 ao 2026-05-31 21:00:00.0
Casa do Pobo de Viascón, Cerdedo Cotobade
Exposición Ricardo Portela Inmorrente

Desde a Deputación de Pontevedra rendémoslle homenaxe a Ricardo Portela, que foi imprescindible na conexión da tradición dos vellos gaiteiros coas novas xeracións, coa exposición "Ricardo Portela, inmorrente", co obxectivo de contribuír á difusión da súa vida e obra e destacar os seus fitos fundamentais a modo de lembranza e exemplo para as novas xeracións.

Información

Horario de visita

  • Mércores e venres de 19 a 21 h
  • Domingo de 11 a 14 h