Axenda de actividades provinciais

Exposición "José Freixanes, eternos son os soños. Obra pictórica 2006-2025"

Do Thu Jul 23 00:00:00 GMT 2026 ao Sun Sep 27 21:00:00 GMT 2026
Edificio Castelao. Museo de Pontevedra
Exposición de José Freixanes

José Freixanes, eternos son os soños. Obra pictórica 2006-2025 móstranos unha escolma das pinturas que José Freixanes (Pontevedra, 1953-Madrid, 2025) concluíu nos seus derradeiros vinte anos, os que transcorren entre Al final del amanecer (Casablanca, 2006), Voces de basalto negro (Damasco, 2007) e novembro de 2025, data do seu falecemento. Aquelas intervencións efémeras permaneceron como un manancial eterno ao que sempre acudiu, como unha semente que revive, se multiplica e se transforma a través dun interminable proceso de creación, preservación e destrución, que se repite circularmente.