Axenda de actividades provinciais
Exposición 12 pinturas e 12 poemas visuais
Desde
Fri Oct 31 00:00:00 GMT 2025
ata
Sun Nov 16 22:00:00 GMT 2025
Palacete das Mendoza, Pontevedra
Xoán Cerviño, cuxa obra pictórica e escultórica foi premiada en varias ocasións, achéganos unha proposta composta por doce pinturas nacidas da experiencia da paisaxe. Nelas tamén aparecen doce obxectos atopados e minimamente manipulados, nos que existe un sentimento ecoloxista e suxire unha poética sinxela. Para o artista non son só restos dunha "tala" de árbores ou camiños de couza en troncos, senón tamén un exemplo de resiliencia da natureza.
Información
Horario
- De luns a venres, de 8 a 20 h
- Sábados e festivos, de 10 a 14 h e de 16 a 19 h
- Domingos, de 10 a 14 h