Axenda de actividades provinciais

Exposición “Inspiracións do Camiño”, do pintor canadiano Howard Ross

Do Fri Jul 10 00:00:00 GMT 2026 ao Sun Jul 26 21:00:00 GMT 2026
Palacete das Mendoza. Pontevedra
Inspiracións

A mostra “Inspiracións do Camiño” recolle cadros elaborados por Ross ao longo da súa carreira con diversidade de temáticas, nos que se reproducen desde paisaxes da súa época no Canadá ata escenas máis recentes e de natureza máis abstracta. Ross non fai traballo de campo, senón que pinta desde a súa imaxinación, aínda que os seus cadros sempre se baseen en algo real. Ademais, utiliza a espátula para borrar partes das súas obras e así solapar pinturas máis recentes sobre outras máis antigas, chegando ás veces a convivir ata catro ou cinco cadros nun. Este proceso, ademais, faino desde a absoluta espontaneidade, sen saber nunca cal será o resultado do borrado e a posterior mestura.

Información

Horario

  • De luns a venres de 9:00 a 21:00 horas
  • Domingos e festivos de 10:00 a 14:30 e de 16:30 a 20:00 horas

Catálogo