Axenda de actividades provinciais
Faladoiro Aquí Faltan Paxinas. Marisol Soengas
15/01/2026 19:00
Edificio Sociocultural da rúa Manuel Rivero, Lalín
A terceira colección de Aquí Faltan Páxinas amplía a nosa xenealoxía de mulleres extraordinarias, coa adición de novas voces e historias que, malia seren esenciais para entender quen somos, quedaron á marxe do relato que se recolle nos libros. Neste percorrido detémonos en logros colectivos e vidas singulares, en pioneiras audaces e en grupos de mulleres anónimas que loitaron, resistiron e transformaron xuntas a realidade social para convertérense en referentes que hoxe nos inspiran.