Axenda de actividades provinciais

GALIEXPO MOTORSHOW 2026

Do 2026-04-24 00:00:00.0 ao 2026-04-26 21:00:00.0
Instituto Feiral de Vigo (IFEVI)
Galiexpo motor

Galiexpo Motor Show consolídase, coa súa 18.ª edición, como un dos eventos de motor máis importantes do noroeste peninsular. Do 24 ao 26 de abril de 2026, o IFEVI de Vigo acollerá máis de 50.000 m² de exposición con vehículos, empresas do sector, pilotos nacionais e internacionais e público.
Un dos grandes atractivos deste evento é o campionato internacional de drift, que sitúa Pontevedra no circuíto global do motor. Como novidade, inclúese a actividade educativa “Xogade coas motos”, destinada a nenos de 6 a 14 anos, e que busca promover a seguridade, o respecto e a disciplina desde idades temperás.

Durante o evento terá lugar tamén o II Congreso Galiexpo Deputación de Pontevedra, con referentes do motor compartindo experiencias sobre superación e liderado. O evento goza de ampla difusión mediática, tanto en prensa, radio e televisión coma en redes sociais, o que o reafirma como unha cita de referencia europea e xera un impacto económico e turístico relevante para a provincia de Pontevedra.

Información

Máis información