Axenda de actividades provinciais

Homenaxe a Xosé Velo

2022-04-23 09:30:00.0
Salón de Plenos da Deputación de Pontevedra
Cartel da homenaxe a Xosé Velo

A Deputación de Pontevedra, a través do departamento de Memoria Histórica, vai celebrar o 106 aniversario e render homenaxe a Xosé Velo coa estrea do documental ‘Xosé Velo. O libertador ibérico’ sobre a súa figura e o libro ‘Xosé Velo. Textos escollidos’ no que se inclúen poemas, textos, artigos e outro material do autor recuperados e adquiridos pola institución provincial.

Información

Sábado 23 de abril

11.30 horas

Salón de Plenos da Deputación de Pontevedra

 

Para asistir é precisa inscrición previa no correo memoriahistorica@depo.gal, completando a capacidade da sala por estrita orde de chegada das solicitudes, que deben incluír nome completo das persoas asistentes e teléfono de contacto.