Axenda de actividades provinciais
Mulleres de palabra (s). Día Mundial da Poesía
2026-03-28 12:30:00.0
Pazo provincial, Pontevedra
Trátase dunha programación do Ateneo Provincial pola Igualdade da Deputación de Pontevedra na que as protagonistas serán as escritoras e as palabras a través das que contan o mundo con perspectiva de xénero.
Os tres últimos premios nacionais de poesía son mulleres galegas: Miriam Reyes (2025), Chus Pato (2024) e Yolanda Castaño (2023); celebraremos o Día da Poesía cun convite para conversar e recitar con elas.
Información
- Formato: recital e conversa
- Prazas: 100