Axenda de actividades provinciais
Mulleres de palabra (s). Obradoiro para Ler Poesía con Dores Tembrás
2026-04-30 19:30:00.0
Edificio Administrativo da Deputación. Pontevedra
Este obradoiro será de novo un lugar de encontro coa poesía; unha aproximación ao xénero para quen queira iniciarse ou atopar novas lecturas de autoras clásicas e contemporáneas. Así, colocarémonos do lado do poema e das poetas para ler e desler durante catro encontros semanais. Pecharemos o encontro coa visita da pontevedresa Elvira Ribeiro Tobío.
Información
Duración: catro sesións semanais (os xoves de abril, de 19:30 a 21:00 h)
Inscrición en participa.igualdade@depo.es